Praia de Samil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Areal vigués na parroquia de Navia que conta cunha lonxitude aproximada 3 quilómetros. Limita coa praia de A Fonte (Alcabre) polo norte e coa desembocadura do río Lagares polo sur.
O areal está dividido en dúas partes diferenciadas ao norte e ao sur por un grupo de rochas que quedan unidas a terra na baixamar formando un tombo. Estas rochas reciben o nome de As Queimadas. A metade norte recibe o nome de praia do Laxón, praia da Laxe ou praia Azul. A metade sur recibe o nome de praia de Samil por estar situada en fronte do barrio do mesmo nome. O extremo sur do areal, na desembocadura do río Lagares recibe o nome de A Foz, A Fox ou Cabo da Vella.
Trátase dunha das principais praias da cidade debido ó seu atractivo turístico e ó seu complexo recreativo, no que destacan cafeterías, piscinas, canchas de baloncesto, circuíto de coches teledirixidos, paseo, zonas verdes, aparcadoiros, pista de patinaxe, half-pipe, etc.
[editar] Ver tamén
- Verbum - A Casa das Palabras