Protocolo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta é unha páxina de homónimos. Unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. |
Protocolo pode ter varios significados:
- O protocolo diplomático é o conxunto de regras que gobernan a etiqueta na diplomacia e nos asuntos de estado.
- Un protocolo de actuación é un conxunto de regras escritas que indican que pasos dar nun proceso determinado.
- Un protocolo médico é un exemplo específico do anterior.
- En informática, un protocolo é un conxunto de regras que permiten a comunicación entre dispositivos informáticos.
- Os protocolos dos sabios de Sión é un texto fraudulento de 1903 que pretendía describir un complot xudeu para dominar o mundo.