Provincia de Albacete
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A provincia de Albacete é unha das cinco nas que se divide a comunidade autónoma de Castela A Mancha. Limita ó norte con Cuenca, ó leste coa Comunidade Valenciana, ó sur con Murcia e Granada e ó oeste con Cidade Real e Xaén.
A provincia ten unha poboación de 384.640 habitantes (2005). A súa capital é Albacete e as localidades máis importantes amáis da capital son Hellín, Villarrobledo, Almansa e La Roda.