Prusia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Prusia (alemán: Preußen) foi, de 1701 a 1918, un reino, e logo, de 1918 a 1947 unha parte da Alemaña. O reino de Prusia xurdeu do gran ducado de Brandeburgo, que absorbera no 1618 á Prusia oriental.
Estando fortemente militarizada (o 4 % da poboación formaba parte do exercito), a Prusia invadiu en 1742 a Silesia, e logo anexou a parte oeste de Polonia (1772-1795).
Tendo sufrido pesadas derrotas fronte ao exercito napoleónico (1806-1807), a Prusia foi forzada a proceder a reformas internas (abolición do servidume no 1807 ; autonomia acordada as cidades en 1808). Beneficiándose da derrota de Napoleón en Rusia, a Prusia declara a guerra a Francia. No congreso de Viena en 1815, Prusia obtén unha parte da Saxe e da Westfalia, mais perdeu unha parte dos territorios tomados frente á Polonia, que foran atribuidos á Rusia.
Prusia libra no 1866 unha guerra victoriosa aos austríacos, e derrota a Francia na guerra franco alemana (1870-71). Despois foi proclamado o Imperio alemán (II Reich), o rei de Prusia Guillerme I proclamado emperador de Alemaña. A Prusia xoga un papel determinante no seo dos 25 estados soberáns do Imperio alemán (1871-1918).
Image:Prusia (political map before 1905).jpg
A Prusia estaba dividida en 12 (14) provincias:
- Prusia oriental, capital Königsberg
- Prusia ocidental, capital: Dantzig
- Cidade de Berlín
- Brandeburgo, capital: Potsdam
- Pomerania, capital: Stetin
- Posnania, capital: Posen
- Silesia, capital: Breslau
- Saxe (hoxe Saxe-Anhalto), capital: Magdebourg
- Schleswig-Holstein, capital: Kiel - conquista en 1864
- Provincia de Hanover, capital: Hanover - conquista en 1866
- Westfalia, capital Münstar
- Hesse-Nassau, capital: Kassel - conquista en 1866
- Renania, capital: Coblencia
- Hohenzollern, capital: Sigmaringen mais que fai parte da Renania
As 12 provincias comprenden as Rexencias ou Presidencias (Bezirke) e as Kreise.