New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ría de Ribadeo - Wikipedia

Ría de Ribadeo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Localización da ría de Ribadeo
Localización da ría de Ribadeo

A Ría de Ribadeo é a formada polo río Eo. Está situada no noreste de Galiza e oeste de Asturias, actuando como límite ou separación de Galiza e Asturias.

Colle o seu nome da principal vila ribeireña, Ribadeo, a única situada baixo administración galega. Os outros tres enclaves principais son, na beira asturiana e de norte a sur, as Figueiras - Figueras, Castropol e A Veiga - Vegadeo. Recibe aportes de varios ríos, o Eo é o principal deles, e outros son o Suarón e o Monxardín (ambos desembocando na Veiga, Asturias) e o Río Grande na zona galega. A saída ó mar prodúcese na zona norte, entre os enclaves da Illa Pancha na parte galega e a Punta da Cruz na asturiana.

A Punta da Cruz, onde a marxe leste da ría se atopa co Mar Cantábrico (ó fondo)
A Punta da Cruz, onde a marxe leste da ría se atopa co Mar Cantábrico (ó fondo)

Abrangue no seu interior unha zoa 'ZEPA'; é destacable a avifauna da ría, asentada na lama da súa parte interior (sur).

Xeoloxicamente, o mesmo que as outras rías, está formada polo afundimento dun val fluvial. Na actualidade está colmatada de materiais fluviais formando marismas na súa primeira metade, e, facendo unha transición a materiais de orixe mariño, na parte central forma os tesos ou tesóns.

[editar] artigo relacionado

Acompáñase fragmentos e imaxes do artigo 'Visións dende o Tesón' aparecido no libro das festas patronais ribadenses do 2003, de Antonio Gregorio.

 Esquema de tesóns na ría de Ribadeo. A saída car ó Mar Cantábrico está ó norte. Distínguese na orela o porto de Ribadeo
Esquema de tesóns na ría de Ribadeo. A saída car ó Mar Cantábrico está ó norte. Distínguese na orela o porto de Ribadeo

'A ría de Ribadeo, parte final da xerada polo Eo e que comeza sendo ría de Abres, ten como medida aceptada para a súa extensión 850Ha (8,5km2 ou 8.500.000m2) isto é, uns 5.600 campos de fútbol) *. No seu interior alberga bancos de area dos que algúns sobresaen sobre o nivel da baixamar, formando os chamados tesóns. Istos aparecen cunha superficie separada da costa e que se distingue á primeira vista dos diversos bancos de lama, máis asociados á zona costeira e interior (os da Liñeira, Os Bloques, Vilavella, As Aceas, ...). Fórmanse varios tesóns separados uns dos outros por canles; cada un é como un individuo coa súa propia vida, que ó longo dos anos presenta variacións en forma, tamaño ou mesmo (a través da produccións de unións e particións) do número existente, influenciados por mareas, correntes fluviais e obras sobre a ría... pero todos participan do mesmos substrato de area mariña uniforme e fina, a base de restos de cuncha na súa meirande parte, que sobresae en diversos puntos sobre a baixamar dando a imaxe de separación física (razón pola que varío de "tesón" a "tesóns" nalgúns puntos posteriores.

Area, auga, marea: tres elementos que configuran, definición por medio, os tesóns. A area é o seu constituínte, o seu esprito, a súa manifestación. A auga, a vida que aporta a area e o elemento que os mantén illados, virxes e diferenciados. E a marea o seu cambio de fisonomía, ciclo a ciclo, e a súa preservación e renovación. Cambio de fisonomía que é evidente; nas cartas náuticas pódese seguir a evolución dos bancos de area, co resultado de que a derradeira editada é máis parella a un plano de 1920 (Sección Hidrográfica) que á disposición actual, máis parella en troques ós perfís que aparecen nun plano de 1957 (G.Espina). O anterior, estando en 2003, é chocante cando a Carta náutica que se pode mercar agora dice estar actualizada en agosto de 2001 aínda que os seus perfís vése que son anteriores e non actualizados nesa data. Na fig.1 faigo un esbozo do perfil actual [agosto 2003] dos tesóns na marea baixa. A ter en conta que nestes momentos nos que escribo está en marcha o dragado da ría, que xa variou o perfil do tesón nun curto prazo de tempo.

Na actualidade, e tradicionalmente, o das Figueiras, coñecido por o tesón da Berlinga, é o máis importante polo seu porte, chegando a unha altura duns dous metros sobre a cota de marea baixa, e máis en mareas vivas, así como máis visitado. Ten en marea baixa unha superficie descoberta que pasa dun cuarto de quilómetro cuadrado, cun monto total de area estimable en máis de catro millóns de metros cúbicos. Ten abondo maior extensión, e tamén maior volume que os outros tres tesóns citados. A súa forma é variable segundo o estado da marea, pero na marea baixa preséntase como ovalada pola súa formación. Do mesmo xeito que da zona das Figueiras acumula area máis alta pero na que se afunden os pés, pola parte de Ribadeo presenta un horizonte máis plano, con suaves hondonadas sucesivas e zonas nas que as formas de pequenas ondas suaves que deixan as olas mancan os pés ó correr.

Polo ano 95 pasábase a pé, como se reflexa na última carta náutica disponible, dende a zona das praias de San Román ata a Berlinga, e na actualidade, pásase dende o banco da Liñeira (dende a zona SO do tesón). O tesón ténse dividido en sectores, como outras veces, no que se dividiu en berlinga norte e berlinga sur, se ben hoxe está partido en catro trozos diferentes do que o principal, como xa foi dito, é o das Figueiras. Este verán, as correntes arredor do tesón, para subir, sepáranse para unha e outra canle arredor do banco de area na zona NO, e para baixar, na SO, como se amosa no gráfico (fig.2) de xeito que a auga que pasa pola canle das Figueiras vai (ou ven) exclusivamente da Liñeira.

 Esquema de correntes na ría de Ribadeo. Ter conta que o río Eo aport auga polo sur e o Mar Cantábrico polo norte
Esquema de correntes na ría de Ribadeo. Ter conta que o río Eo aport auga polo sur e o Mar Cantábrico polo norte

O tesón situado hoxe fronte a Castropol déixase ver pouco, e cando a marea o permite presenta unha forma en U cos dous picos cara á saída da ría, mentres a parte central se orienta cara á Veiga.

O situado en fronte ó peirao de Mirasol está orientado en dirección NO-SE. É o menor, tamén con diferencia, e case parece un anexo do da Vilavella pola pouca profundidade da canle que os separa, sendo tamén de non moita profundidade a canle entre el e o de Castropol. Está prácticamente na súa totalidade de superficie descoberta na beira da ría de administración galega, ó igual que o da Vilavella, de maior importancia na actualidade.

O tesón da Vilavella é o único que está colonizado por vexetación de pouco tamaño , na súa zona sur, presentando unha variación da area canto máis ó sur con máis aportes de materiais fluviais e consistencia de lama. Este tesón está prácticamente unido en mareas vivas á zona do Costal (saínte sur da enseada da Vilavella)

Correspondendo coa circulación de auga na ría, a medida que os tesóns avanzan cara ó seu interior, están máis achegados á vertiente occidental, deixando as canles máis profundas na vertiente oposta: polo chamado efecto Coriolis, a auga tende a circular na ría no sentido contrario ás agullas do reloxio, e así, na parte externa, as corrientes intensas de entrada de auga na ría dende o mar, ó norte, prodúcense particularmente pola zona achegada a Ribadeo, mentres os aportes de auga do río corren de xeito preferente pola zona oriental, a máis achegada a Asturias. Na zona de influencia preferente dunha ou outra corriente hai maior transporte de materiais, mentras que na beira oposta hai maior depósito: na parte entre Ribadeo e as Figueiras, o tesón fórmase pegado á beira oriental, en canto máis adentro na ría, máis pegados á beira occidental.

Os tesóns están aumentando de tamaño, teñen un maior volume a cada ano que pasa, polo que é necesario dragar a ría para facilitar a navegación ou a botadura dos asteleiros, aínda que mesmo poderían desaparecer baixo os recheos da ría, hoxe dunha magnitude comparable a algúns dos tesóns (teño entendido que hai outro recheo xa señalizado, a piques de comezar, na rada de Mirasol)

É curiosa a persistencia das estructuras que se poden realizar no tesón. En concreto, teño a experiencia de que un montón de area feito nun momento (uns 20cm de altura) dexara unha marca distinguible máis de catro ciclos de marea despois (se ben con bó tempo).

Os tesóns poden asombrarnos coa súa diversidade dentro do que parece ser a primeira vista unha uniformidade case total. Non só se presenta o caso da diferente marca que se fai na area ó pisar, senón que as súas irregularidades son chamativas, dependendo principalmente da forza da marea a que esté sometida cada zona. Ninguén viu unha árbore no tesón, pero tamén podemos atopar nas súas beiras pequenos bancos de peixes ou mesmo alevíns que escapan ás nosas pisadas nas augas someras, indicando unha función manifesta como centros xestores de riqueza piscícola. O anterior obsérvase mellor na suba de marea no tesón máis meridional, onde os entrantes de auga que se forman na area poden estar cheos de pequenos exemplares en profundidades da orde dun centímetro. Non tódolos tipos de peixes escapan como defensa ante as nosas pisadas. Os ariegos escóndense e de cando en cando poden dar algún disgusto ós visitantes. Tamén se esconden os moluscos, pero excepción feita da zona de cultivo ó sur da Vilavella, quedan fóra da vista e da atención dos turistas dos tesóns.'

--

* Estivo longo tempo o artigo sen corrixir, cunhas medidas que non correspondían. Se se colle a Liñeira, e como referencia a ría a medio encher, a extensión que se pode obter no Sixpac é de 9,63km2, unha vez descontados os peiraos de Ribadeo. Otras correccións ou variacións poden ser feitas, co que os 8,5km2 citados, que se veñen aceptando dende Asensio poden ser considerados unha medida válida tomada con marea baixa e incluíndo os tesóns e a Liñeira, pero non os bancos máis achegados á terra na zona de marismas e a desembocadura do río Grande.

[editar] Outros

Outras linguas

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu