Río Eo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
||||
---|---|---|---|---|
Lonxitude | {{{lonx}}} km | |||
Altitude da fonte | 850 m msnm | |||
Altitude da desembocadura | {{{alt_d}}} msnm | |||
Caudal medio | 20,11 m³/s | |||
Conca | {{{conca}}} km² | |||
País que atraveesa | {{{país}}} | |||
Desemboca en | Mar Cantábrico | |||
Ancho de desembocadura | 800 | |||
Río - Hidroloxía |
O Eo é un río do norte de España, que discorre por terras de Galicia e Asturias, en parte limitando ambas demarcacións. Desemboca no Mar Cantábrico formando a ría de Ribadeo, que constitúe a fronteira natural entre as dúas rexións, (en Asturias é coñecida como ría do Eo). É apto para a pesca de salmones.
O nome provén do vocábulo Ego, que en tempos romanos alternou con Egoba, e así o atestigua Plinio ao falar dos Egobarri, os habitantes da beira de ría. De Ego vén Eo e tamén as formas medievais Iuve (775), Euve (875), e finalmente Ove (905-), nome dunha parroquia de Ribadeo, próxima a Ría.
Sen prexuízo do anterior, durante séculos o seu curso inferior designouse como Río de Miranda, e a parte inicial do seu esteiro como Ría de Abres.
- Nacemento: Fonteo, Baleira, Lugo, Galicia
- Desembocadura: Mar Cantábrico, formando a ría de Ribadeo, entre Ribadeo (Galicia) e Castropol (Asturias)
- Lonxitude: 91,5 km
- Afluentes principais
- Polo oeste: Ríos Rodil e Turía
- Outros afluentes
- Polo oeste: Río Liñeiras, Río Ouria
- Porlo leste: Río de Ríotorto, Río de Trabada
- Poboacións que atravesa: A Pontenova en Galicia; San Tirso de Abres e Abres, en Asturias. Desemboca cerca de Vegadeo dando lugar á mencionada ría