Río Ródano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Ródano é o máis salientable dos cinco ríos franceses e un importante río en Europa Percorre 812 quilómetros entre Suíza e o mar Mediterráneo, dos que 231 km son suízos e 581 franceses.
O Ródano nace en Suíza, na Furka, no macizo de San Gotardo, a 1.753 m de altitude, atravesa o lago Léman, despois discorre por Frnacia e desemboca nun delta no Mediterráneo. Discorre primeiramente nunha dirección leste-oeste (a súa parte máis alta corresponde ao cantón de Vallais; en Martigny o seu cauce estréitase moito e remonta cara ao norte antes de embocar no Léman; sae polo cantón de Xenebra, onde recibe o Arve, despois penetra en Francia; o trazado do seu curso é sinuoso até os arredores de Lyon onde recibe o Saona; a partir desta cidade, discorre cara ao sur para se verter por un delta (Camargue) no mar Mediterráneo.
Principais afluentes:
[editar] Principais cidades atravesadas polo Ródano
[editar] Principais vilas atravesadas polo Ródano
- Sion
- Montreux (na beira do lago Léman)
- Lausana (na beira do lago Léman)
- Évian-les-Bains (na beira do lago Léman)
- Thonon-les-Bains (na beira do lago Léman)
- Xenebra
- Lyon
- Vienne
- Tournon
- Valence
- Montélimar
- Orange
- Aviñón
- Arlés
Deu nome aos departamentos do Ródano e de Bocas do Ródano, e tamén ó antigo departamento revolucionario de Ródano e Loira.