Río Texo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Texo | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Altitude da fonte: | 1.600 msnm | |||||
Lonxitude: | 1.008qm | |||||
Caudal medio: | 500 m³/s | |||||
País: | España e Portugal | |||||
Desemboca | Océano Atlántico |
O Texo é o maior río da Península Ibérica, (en español Tajo, en portugués Tejo). Nace en España, na Fuente de García (Serra de Albarracín, Teruel) a 1.600 m de altitude e desemboca no Océano Atlántico xunto a Lisboa, formando un esteiro coñecido como o Mar da Palla.
Percorre unha lonxitude de 1.008 Km, deles 910 Km por territorio español e o resto por terras portuguesas. Os seus principais afluentes son: Xarama, Guadarrama, Alberche e Alagón, pola dereita; e Guadiela e Salor pola esquerda.
Nas súas beiras érguense cidades españolas como Toledo e Aranxuez, e portuguesas como Abrantes, Santarém e Lisboa.