Racismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ãndice[agochar] |
[editar] Introducción
O ser humano actual constitúe unha única especie. Asà e todo, presenta unha visible variabilidade morfolóxica que deu lugar ó concepto de raza. Este concepto pode levar a un uso ideolóxico da idea de raza que pode levar ó racismo.
[editar] Definición
O racismo é unha filosofÃa social biolóxico-cultural, unha actitude e/ou un sistema social que propugna e afirma que a xente de diferentes grupos humanos son diferentes en valor, que esas diferenzas poden ser medidas ou catalogadas xerárquicamente e que teñen consecuencias en vantaxes económicas, polÃticas e sociais dun grupo en relación aos demáis.
[editar] Racismo e outras discriminacións de tipo racial
[editar] Racismo propiamente dito
O termo "racismo" aplÃcase xeralmente ás accións dun grupo dominante nunha sociedade sobre os outros, posto que os grupos máis débiles teñen menos probabilidades de manifestar públicamente conductas racistas en contra dun grupo máis numeroso por razóns prácticas.
O racismo comporta as seguintes afirmacións:
- Hai razas superiores e inferiores (a superioridade na xerarquÃa das razas corresponde á branca no caso do racismo europeo)
- A superioridade e a inferioridade raciais maniféstanse na superioridade e a inferioridade das culturas producidas, respectivamente, polas distintas razas.
Ambas afirmacións son facilmente refutables:
- As diferenzas raciais non explican as diferenzas culturais. Os procesos de endoculturación poñen de manifesto que a orixe racial dos individuos non garda relación ningunha coa súa capacidade para asimilar calquera cultura.
- As diferenzas raciais non explican as diferenzas intelectuais. Na capacidade intelectual dos individuos inflúen os factores hereditarios, que non están necesariamente vinculados á súa orixe racial; e tamén os factores culturais, como o ambiente e a educación recibida.
[editar] Discriminación racial
Sen embargo, coñecemos como "discrinación racial" o feito de outorgar ou reter dereitos ou privilexios baseándose na raza, ou ben rexeitar o trato ou asociación con persoas pola súa raza.
[editar] Racialismo
A crenza de que o carácter e as habilidades dos individuos están correlacionadas coa súa raza non ten por que ser necesariamente racismo, pois esta diferenza pode afirmarse sen implicar unha desigualdade de valor.
[editar] DÃa Internacional
O DÃa Internacional pola abolición da discriminación racial é o 21 de marzo.