Radiación electromagnética
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Radiación electromagnética é unha combinación dun campo eléctrico e dun campo magnético que se propagan a través do espazo transportando enerxía. A luz visíbel é unha das partes da radiación electromagnética. O estudo das radiacións electromagnéticas desígnase electrodinámica, unha disciplina do electromagnetismo.
Foi demostrada experimentalmente por Heinrich Rudolf Hertz en 1888. Cando un fío de cobre conduce corrente alternada é emitida radiación electromagnética á mesma frecuencia que a corrente eléctrica. Dependendo das circunstancias, esta radiación pode comportarse como unha onda ou como unha partícula.
Cando a radiación electromagnética atravesa un condutor eléctrico induce unha corrente eléctrica no condutor. Este efecto utilízase nas antenas.