Reinaldo Ferreira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Reinaldo Ferreira (Barcelona, 1922 - Lourenço Marques, 1959) foi un escritor portugués.
Fillo dun xornalista viviu ata os 19 en Portugal. En 1941 trasladouse coa súa familia a Mozambique e logo de rematar o ensino secundario entrou na administración colonial.
A partir de 1947 publicou poemas na prensa local e en revistas literarias, adaptou para a radio pezas teatrais e escribiu letras de cancións que se fixeron populares.
Na súa poesía Pereira móstrase comprometido coa poboación máis marxinada e desfavorecida, parte da súa obra recollése en Poemas que se publicou postumamente en 1960.