Risorgimento
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Co termo Risorgimento ("Rexurdimento") a historiografía designa o período da historia de Italia durante o que a península italiana se unificou politicamente.
Na primeira fase do Risorgimento (1848-1849), desenvolvéronse varios movementos revolucionarios e unha guerra contra a Austria que concluiu sen modifica-lo status quo. A segunda fase, en 1859-1860, acelerou o proceso de unificación e a constitución do Reino de Italia, que concluiu coa anexión de Roma, capital dos Estados Pontificios, o 20 de setembro de 1870.