Robert A. Heinlein
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Robert Anson Heinlein (7 de xullo de 1907 - 8 de maio de 1988) foi un escritor de ficción científica norteamericano considerado por algúns críticos entre os tres mellores de tódolos tempos (xunto con Asimov e Clarke). Gañou catro premios Hugo por Estrela dobre (1956), Tropas do espazo (1960), Forasteiro en terra estraña (1962) e A lúa é unha cruel amante (1967). Foi elixido en 1974 Gran Mestre pola Asociación de escritores de ficción científica e fantasía de Estados Unidos (SFWA), convertíndose así no primeiro galardoado con esta distinción.
Habitualmente rigoroso en canto á base científica nas súas historias, ata as súas historias de fantasía conteñen unha estrutura científica lóxica. Unha das características que definen a súa escritura foi o introducir na temática da ficción científica a administración, a política, a economía, a lingüística, a socioloxía e a xenética. Foi tamén un dos abanderados do individualismo, o cal quedaba reflectido na riqueza dos personaxes (exemplo claro é Lazarus Long), tanto en coñecementos, como en habilidades.
Outro dos temas recorrentes neste autor é cuestionar os costumes contemporáneos, culturais, sociais e sexuais, describindo sociedades con ideais bastante afastados dos da sociedade occidental da súa época. Estas ideas reflíctense en varios dos seus libros, como en Forasteiro en terra estraña ou O número da besta (1980).
[editar] Bibliografía destacada
Novelas:
- Amos de monifates (1951)
- Estrela dobre (1956) (Premio Hugo, 1956)
- Porta ao verán (1956)
- Os fillos de Matusalén (1958) (ou As 100 vidas de Lazarus Long)
- Tropas do espazo (1959) (Premio Hugo, 1960)
- Forasteiro en terra estraña (1961) (Premio Hugo, 1962, publicado en versión orixinal en 1991)
- Ruta de gloria (1963)
- Os dominios de Farnham (1964)
- A lúa é unha cruel amante (1966) (Premio Hugo, 1967)
- Tempo para amar (1973)
- O número da besta (1979)
- Venres (1982)
- Job: Unha comedia de Xustiza (1984)
- O gato que atravesa as paredes (1985)
Novelas xuvenís:
- Rocket Ship Galileo (1947)
- Cadete do espazo (1948)
- Rebelión no espazo (1949)
- Farmer in the Sky (1950) (Premio Hugo á mellor novela - 1951, 2001)
- A besta estelar (1954)
- A hora das estrelas (1956)
- Cidadán da galaxia (1957)
- Consegue un traxe espacial: viaxarás (1958)
- Filla de Marte (1963)
Relatos:
- A liña da vida (1939)
- Inadaptado (1939)
- Réquiem (1940)
- «Se isto continúa...» (1940)
- As estradas deben rodar (1940)
- Coventry (1940)
- Ocorren explosións (1940)
- Magic, Inc. (1940)
- Lóxica do Imperio (1941)
- Universo (1941)
- Solución insatisfactoria (1941)
- Os fillos de Matusalén (1941)
- «... tamén paseamos cans» (1941)
- Polos seus propios medios (1941)
- O sentido común (1941)
- A herdanza perdida (1941)
- Un acuario con peixes de cores (1942)
- Waldo (1942)
- A desagradable profesión de Jonathan Hoag (1942)
- Os verdes outeiros da Terra (1947)
- Jockey do espazo (1947)
- Colón foi un cretino (1947)
- «¡Que grande é estar de volta!» (1947)
- Os negros fosos da Lúa (1948)
- Cabaleiros, permanezan sentados (1948)
- Proba no espazo (1948)
- Dalila e o montador do espazo (1949)
- A longa garda (1949)
- O home que vendeu a Lúa (1950)
- A ameaza da Terra (1957)
- Todos vós, zombis... (1959)
- Raio de luz (1962)