Robert Bárány
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Robert Bárány (Viena 1876 – Uppsala 1936) foi un médico austriaco de orixe húngara. Polo seu traballo na fisioloxía e a patoloxía do aparato vestibular humano recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1914.
Estudou na Universidade de Viena, da que se graduou en 1900, despois de realizar prácticas en Alemaña, en 1903 comeza a práctica cirúxica co profesor Politzer na clínica do oído do Hospital Xeral de Viena. Barany definiu as respostas normais e anormais aos estímulos térmicos aplicados ao oído interno, e puido estudar a función vestibular e a súa relación co cerebelo.
Durante a Primeira Guerra Mundial serviu no exército austríaco, e foi pioneiro no tratamento das feridas por arma de fogo no cerebro. Prisioneiro dos rusos, continuou a práctica cirúrxica nun campo de prisioneiros. Polas xestións do príncipe Carl de Suecia e da Cruz Vermella foi liberado en 1916, e recolleu o Premio Nobel recibido mentres aínda era prisioneiro de guerra. Dende 1917 ata a súa morte foi profesor na Universidade de Uppsala.