Robert Mills
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Robert L. Mills (15 de abril de 1927 - 27 de outubro de 1999) foi un físico, especializado na teoría cuántica de campos, teoría de aleacións, e teoría de moitos corpos.
Cando compartían unha oficina no Brookhaven National Laboratory, no 1954, Chen Ning Yang e Mills propuxeron unha ecuación tensorial (agora coñecida como campo Yang-Mills). Esta ecuación redúcese ás Ecuacións de Maxwell como un caso especial (ver teoría gauge:
.
Mills naceu en Englewood, New Jersey (EEUU), e graduouse na 'George School'. Despois estudou no Columbia College, entre 1944 e 1948, mentras estaba destinado ós gardacostas. Mills amosou a súa habilidade matemática gañando a Competición Matemática William Lowell Putnam no 1948, e rematando como po primeiro da clase no correspondente 'Tripos' (nome que se lles da na istitución a cada unha das liñas de estudos posibles). fixo un master na Universidade de Cambridge, e o doutorado en física con Norman Kroll, na Universidade de Columbia no 1955. Despois dun ano no Instituto de Estudos avanzados de Princeton, New Jersey, foi profesor de física na Universidade Estatal de Ohio dende 1956 ó seu retiro no 1995.
Mills e Yang gañaron no 1980 o 'Rumford Premium Prize' da Academia Americana de artes e Ciencias (AAAS) polo seu "desenvolvemento dunha teoría xeralizada de campo gauge invariante" no 1954.
[editar] Notas
- Yang, Mills 1954 Physical Review 95, 631.
- Yang, Mills 1954 Physical Review 96, 191.
[editar] Referencia externa
- [1] Samuel L. Marateck, "Remembering Robert Mills," Physics Today, October 2003.