Roberto Somoza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Roberto Somoza é un saxofonista galego. Nos seus principios foi músico de orquestra , "Los Satélites", onde se formou como músico de sección da man do seu irman maior José Somoza, trompetista aínda en activo nesa formación. Paralelamente a esta actividada asiste a clase de improvisación e saxo con Pedro Iturralde en Madrid e leva ao cabo os seus primeiros contactos no jazz da man de Alberto Conde, Kin García, Fernando Llorca, Nani García, Baldo Martínez, Andres Rivas, Alfonso Morán e un sen fin de músicos da escena do jazz galego.
No ano 2004, Xingra editou o seu disco Regra de tres. Está acompañado por Alfonso Morán ó contrabaixo e Andres Rivas como baterista. O CD conten 10 temas orixinais escritos na sua maioría polo propio Roberto.