Router
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un router ou enrutador é un equipo usado para a comunicación entre diferentes redes de computadores. Este equipamento prové a comunicación entre computadores distantes entre si e ata mesmo con protocolos de comunicación diferentes.
Os routers son dispositivos que operan na capa 3 do modelo OSI de referencia. A principal característica dos enrutadores é seleccionar o porto máis apropriada para pasar os paquetes recebidos. Ou sexa, encamiñar os paquetes polo mellor camiño disponible para un determinado destino.
[editar] Funcionamento
Os enrutadores inicializan e fan a manutención de tabelas de rutas executando procesos e protocolos de actualización de rutas, especificando os enderezos e dominios de enrutamento, atribuindo e controlando métricas de enrutamento. O administrador pode facer a configuración estática das rutas para a propagación dos paquetes ou a través de procesos dinámicos executando nas redes. Os enrutadores pasan adiante os paquetes baseandose nas informacións contidas na tabela de enrutamento.O problema da configuración das rutas estáticas é que, toda vez que houver alteración na rede que poida vir a afetar esa rota, o administrador debe refacer a configuración manualmente. Xa o coñecimento de rutas dinámicas son diferentes. Despois de que o administrador fai a configuración a través de comandos para iniciar o enrutamento dinámico, o coñecimento das rutas será automaticamente actualizado sempre que se reciban novas informacións a través da rede. Esa actualización faise a través do intercambio de coñecimento entre os enrutadores da rede.
[editar] Protocolos de enrotamento
Son protocolos que serven para intercambiar informacións de construción dunha tabela de enrotamento. É importante resaltar a diferenza entre protocolo de enrotamento e protocolo enrotado.
- O Protocolo enrotado é aquel que provee información adecuada no seu enderezamento de rede para que os seus paquetes sexan enrotados, como o TCP/IP e o IPX.
- O Protocolo de enrotamento posúe mecanismos para o compartillamento de informacións de rutas entre os dispositivos de enrutamento dunha rede, permitindo o enrotamento dos paquetes dun protocolo enrotado.
Exemplo de protocolo de enrotamento: RIP e IGRP.
[editar] Ver tamén
- Routing
- Conmutador