Ruta da traída da auga
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Ruta da traída da auga vai dende o concello de Fornelos ata Vigo. A súa orixe está no transporte de auga desde o embalse de Eiras ata o concello de Vigo. Trátase dun roteiro caracterizado pola ausencia de pendentes pronunciadas, por ser un camiño de terra e por ter un importante valor ecolóxico e natural. Nos tramos que recorre polo concello de Redondela, a maior parte do camiño transcorre por montes veciñais mostrando unha paisaxe en mosaico, pódendose visualizar campos de cultivo, e tamén masas forestais de distinta composición.
O seu percorrido constitúe un mirador excepcional sobre a Ría de Vigo e os vales interiores do concello de Redondela, tamén poden observarse unhas vistas excepcionais sobre a Enseada de San Simón. Todas estas circunstancias fan que sexa utilizada por numerosos afeccionados o senderismo e amantes da natureza.
O percorrido atravesa case todas as parroquias do concello de Redondela, exceptuando Cesantes e a propia Redondela. Desta forma o camiño pasa por Ventosela, Reboreda, Quintela, Vilar, San Esteban, Cabeiro, Cedeira, Trasmañó e Chapela.