Salar de Uyuni
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Salar de Uyuni é a máis extensa planicie salgada do mundo. Está localizado no Departmento de Potosí, no suroeste da Bolivia, próximo á Cordilleira dos Andes, a uns 3650 m de altura.
Uns 40.000 anos atrás, a área era parte do Lago Michin, un xigantesco lago prehistorico. Cando o lago secou, deixou como remanecentes os actuais lagos Poopó e Urú Urú, e dous grandes desertos salgados, Coipasa e Uyuni.
Estimase que o Salar de Uyuni conteña uns 10 mil millóns de toneladas de sal, das cales somente 25.000 t son extraídas anualmente. No comezo de novembro, o Salar de Uyuni tamén é lar de tres especies sudamericanas de flamengos: o flamengo chileno, o flamengo andino e o flamengo de James. Tamén é un importante destino turístico.