Saturno (deus)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Saturno era un deus da mitoloxía romana, de orixe etrusca. É o deus que personifica o paso do tempo. Corresponde ó Cronos da mitoloxía grega.
Índice |
[editar] Historia
Saturno reinaba sobre os ceos e a terra, controlando o paso do tempo antes de que o seu fillo Xúpiter o destronase. Foi implacable e cruel cos seus fillos, que devorou un a un, para evitar que a predición que dicía que sería destronado por un dos seus vástagos, se cumprise. Sen embargo, a súa esposa, Cibeles, e a súa nai impediron que Xúpiter correra a mesma sorte que o resto dos seus irmáns e irmás, dándolle a comer unha rocha no lugar do seu fillo.
Máis tarde, este derrocará ó seu pai, obrigándoo a regurxitar a tódolos seus irmáns e irmás. Tras ser expulsado dos ceos, Saturno se instala no Lacio, reinando na futura Roma, polo que é considerado o antepasado dos monarcas do Lacio e rei dos primitivos ítalos. É nesta época que ensina a arte da agricultura ós homes, polo que pasará tamén a ser o deus da agricultura. O reinado na Terra deste deus é coñecido tamén como a Idade de Ouro.
[editar] Símbolos
Os atributos que simbolizan a Saturno son a fouce (ás veces representada por unha gadaña, cas implicacións que isto conleva) e o reloxo de area.
[editar] Xenealoxía
Saturno é fillo da Terra e Urano, o ceo. Casado con Cibeles, os seus fillos son: Ceres, Xuno, Vesta, Neptuno, Plutón e Xúpiter.
[editar] Curiosidades
A pesares de que nas linguas románicas perdeuse esa etimoloxía, en principio o día da semana adicado a Saturno era o sábado, Saturday (do latín Saturnus dies, "día de Saturno") en inglés.