Semíramis
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Semíramis (en grego antigo Σεμίραμις} / Semíramis) foi unra raíña lendaria de Asiria, cunha historia da que a fonte principal foran Diodoro de Sicilia e Ctésias. É probabelmente identificábel con a raíña babilonia Shammurámat ou Sammu-ramat, esposa do rei Shamshiadad V e rexente do seu fillo Adadnirari III (século IX a.C.)
Cóntase de ela que era luxuriosa e desenfreada, mesmo incestuosa (con o propio fillo).
[editar] Biografía
Filla de Derceto, unha deusa medio muller, medio peixe, que vivía nun lago próximo a Ascalon, e máis de Caystros, suposto fillo de Aquiles e Pentesilea. Logo de nacer Semíramis, Derceto asasinou a Caystros, escondéndose logo no lago e abandonando a filla. Foi entón criada por pombas, que roubaban leite e queixo, indispesábeles para alimentala, a campesiños e pastores da zona. Descuberta por pastores, que andaban intrigados por aquel manexo das aves, foi entregada ao seu xefe, que lle impuxo o nome de Semíramis ("que ven das pombas" e sirio).
Feita xa moza, foi desposada por Onnés, un conselleiro do rei Ninos de Nínive, do cal tivo dous fillos, Hyapaté e Hydaspé. Semíramis aconsella ao marido tan habilmente que este ten éxito na totalidade das empresas que realiza. Con ocasión dunha expedición a Bactriana, Omnés comete o erro de levar consigo súa muller, que póndose á cabeza dun grupo de soldados, toma a cidadela de Bactres. Ninos fica namorado de Semíramis, constraxendo a Onnés ao suicidio. O rei desposa entón a fermosa muller. Ela dalle un fillo Ninyas. Pouco tempo despois Ninos morre e Semíramis sucédelle nun longo reinado de 42 anos.
Segundo a lenda, Semíramis fundou Babilonia, rechamante polo seu tamaño, onde crea, no seu pazo occidental, os famosos xardíns colgantes. Raiña guerreira, apoderaríase de Armenia, Media, toda Asia ata oIndo, onde foi derrotada, e aínda dominou Exito e Etiopía. Cando consulta o oráculo de Amón, este indícalle que será apartada do número do vivos cando o seu fillo Ninyas conspirase contra ela. De volta da súa expedición á India, entérase de que o seu fillo conspira con os eunucos do pazo. Aborrecida, abandona o poder e desaparece. A lenda pretende que foi transfigurada en pomba e elevada ao ceo para converterse nunha divindade. .