Semivida (medicina)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En medicina e farmacoloxía a semivida, hemivida, vida mitade ou vida media de eliminación dun fármaco en sangue é o tiempo que tarda en eliminarse o 50% da concentración plasmática acadada por unha dose dese fármaco. A semivida biolóxica é un parámetro farmacocinético moi importante, xeralmente denotada pola abreviación t1/2, e é fundamental para coñecer os intervalos de aplicación de dito fármaco.
Índice |
[editar] Vida media en eliminacións de primeiro orde
Este proceso é, en xeral, un proceso logarítmico de primer orde. Por exemplo; unha cantidade que é eliminada a unha proporción constante, do axente por unidade de tempo. Noutras palabras, desta forma, a diminución da concentración de dito axente tras unha administración única ven dada por:
- Ct é a concentración despois dun tempo t
- C0 é a concentración inicial (t=0)
- k é a constante de eliminación
A relación entre a constante de eliminación e a vida media ven dada por:
A vida media ven determinada pola separación (CL, do inglés clearance) e o volume de distribución (VD), e ambolosdous parámetros relacionanse segúndo a expresión:
[editar] Vida media en eliminacións de orde cero
Nalgunhas circunstancias, a vida media varía coa concentración do medicamento ou droga. Por exemplo, o etanol pode ser inxerido nunha cantidade suficiente para saturar as encimas (básicamente alcol deshidroxenasas) que o metabolizan no fígado, e por esto é eliminado do corpo a unha tasa constante (eliminación de orde cero). Deste modo, a vida media, baixo estas circunstancias, é proporcional á concentración inicial de droga ou medicamento A0, e inversamente proporcional á constante de eliminación de orde cero k0, onde:
[editar] Referencias
[editar] En inglés
- Half-life: The time it takes for a substance (drug, radioactive nuclide, or other) to lose half of its pharmacologic, physiologic, or radiologic activity. Year introduced: 1974(1971) NLM MeSH.
[editar] Ligazóns externas
[editar] En castelán
- En particular nótese a seguinte cita que condensa os diferentes significados:
half life: non é vida media (mean life); tradúzase semivida ou hemivida (en farmacoloxía), ou ben período de semidesintegración (en radiofísica).