Shaka
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Shaka (ca. 1787 - 1828) foi un xefe zulu, que transformou un pequeno clan nunha nación que abranguía o territorio entre os ríos Phongolo e Mzimkhulu.
[editar] Biografía
El foi o primeiro, pero ilexítimo fillo do xefe zulú Senzangakona e Nandi, filla do anterior xefe dos langeni. Desposuído polo seu pai, pasou seis anos no kraal do seu pai, constantemente ridiculizado polos seus pequenos xenitais. Despois de que se lles permitira matar unha ovella, el e a súa nai voltaron cos langeni e ao non seren benvidos foron en 1802 co seu tío ao clan emDletsheni dirixido directamente polo poderoso e o ancián rei Jobe de Mthethwa, do que tamén dependían os zulús, ao que sucedeu o seu fillo Dingiswayo, e foi xa no seu reinado cando se incorporou ao rexemento iziCwe aos 23 anos, serviu como un guerreiro durante seis anos, distinguíndonse pola súa coraxe e chegando a xeneral. Exiliado por unha tentativa fanadada de suplantar a seu pai, voltou con novas ideas sobre a organización militar, en particular o rexemento (impi) e a cadea de mando.
Á morte de Senzangakona, Digiswayo axudou a Shaka a derrotar o seu irmán e asumir o liderado en 1816. Shaka instituíu un sistema militar semellante ao de Dingiswayo. Substituíu o azagaia longa (asegai) por outra máis curta cunha folla máis larga (iklwa) e introduciu un escudo, máis curto, feito de pel de vaca, suprimiu as sandalias e instaurou unha férrea disciplina e un cambio nas tácticas militares, dividiu os rexementos (impi) en catro grupos que durante a batalla formaban o contorno dunha cabeza de boi, o primeiro grupo enfrontábase directamente co enimigo, os grupos segundo e terceiro rodeábao nun movemento circular, o que evitaba a fuxida do exército enimigo, e o cuarto grupo formaba a reserva. Todos os rexementos tiñan ao seu servizo un grupo de aprovisionamento formado por rapaces que aínda non estaban en idade militar.
Ao primeiro atacou pequenas bandas e clans, con fáciles vitorias, dando aos supervivintes a posibilidade de se unir ás súas forzas, co que se convertían en zulús e tamén atacou aos langenis, do que non esquecía o trato que lle deran na infancia.
En 1817 traicionou a Digiswayo ao se aliar con Zwide, rei do clan Ndwandwe, logo da vitoria de Zwide, Shaka enfrontouse con el, venceu na batalla de Gqokli Hill, a pesar de estar en inferioridade numérica. En 1820 na batalla do río Mhlatuze atacou a Zwide mentres cruzaba o río, vencéndoo e dirixíndose á capital dos Ndwandwe, matando a Zwide, e provocando a fuga de moitos Ndwandwe cara o norte. Sen ningunha forza que se lle puidera enfrontar Shaka seguíu conquistando novos territorios nunha política de terra queimada, destruíu centos de aldeas asasinando aos seus habitantes, o que provocou o desprazamento de milleiros de refuxiados, e que rexións enteiras queidaran desertas, é o que se coñece como o Mfecane
Dingane, o seu medio irmán, matouno logo da morte da súa nai, que levou a Shaka a matanzas entre o seu propio pobo.