Sinonimia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] Definición
A sinonimia implica que para un significado existan na lingua varios significantes.
[editar] Tipos de Sinonimia
Distínguense tradicionalmente dous tipos de sinonimia:
- Sinonimia absoluta: Cando en tódolos contextos posibles de uso de dúas palabras, non se produce variación ningunha se se substitúe unha por outra. Este tipo de sinonimia case non existe. Prodúcese en terminoloxías, por exemplo altímetro = hipsómetro.
- Sinonimia parcial: Cando só en determinados contextos dúas palabras presentan idénticos significados:
-
-
-
- Pregar é sinónima de dobrar, pero só cando esta significa volver unha parte dunha cousa sobre o resto, nas outras acepcións (por exemplo, curvar un ferro) non son sinónimas.
- Camiñar e andar son sinónimos, o primeiro remítese a un camiño, polo tanto é máis restrinxido ca andar: non se pode camiñar por casa.
-
-
Á sinonimia parcial chámaselle tamén imperfecta. Neste caso poden darse grupos de dúas palabras ou de moitas máis, dependendo do nivel de caracterizadores aducidos. A lingüística tradicional asumía a existencia de que a definición das categorías (as de significado entre elas) se establece en base a condicións necesarias e suficientes. O estudo desta particularidade adiantou moito co concepto de categoría dentro da teoría da lingüística cognitiva, debido á utilización da noción de prototipicalidade
[editar] Clarificación do concepto
- Non debe confundirse sinonimia con equivalencia. A sinonimia non se pode dar entre locucións ou definicións (neste caso falamos de equivalencia).
- Moitas palabras non poden considerarse sinónimas porque pertencen a distintas linguas funcionais. Ben a dialectos distintivos (variedades diatópicas: Golpe, por raposo na área mindoniense; romaniño por cabaza, en Castiñeiras, Santa Uxía de Ribeira), ben a niveis de lingua diferentes (variedades diastráticas), ben a rexistros diversos (variedades diafásicas). Así a todo, no individuo coexisten varios dialectos, rexistros e niveis de lingua que fan que considere como verdadeiros sinónimos, sendo pseudosinonimia voces como óbito / morte, morrer / falecer / espichar.