Cabaza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cabaza | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Cucurbita pepo, Cucurbita maxima, Cucurbita mixta, Cucurbita mostacha | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
Cucurbita pepo é o termo botánico do que comunmente se denomina cabaza, froito da planta herbácea anual oriunda do hemisferio oeste. Na actualidad é tamén cultivada extensamente en toda Europa.
É unha planta rastreira que pode chegar ós 10 m de lonxitude, de talos acanalados e de aspecto áspero, follas pubescentes, lobuladas e acorazonadas. As grandes flores amarelas son unisexuais; as masculinas teñen os estames soldados en forma de piar e en ambos sexos o cáliz está unido á corola.
Os froitos varían moito en tamaño, dende case globulares ata oblongos ou ovoides. A casca é lisa e dura e tamén varía en cor.
Variedades: cucurbita pepo L. subsp. pepo, cabaciña, cucurbita maxima cabaza confeiteira, cucurbita mixta, cucurbita mostacha
As cabazas de verán son variedades de cucurbita pepo. Se se recollen inmaturas consómense como cabaciñas inda que se poden deixar madurar na planta como as de inverno.
Así a todo, as variedades de inverno C. maxima e C. mostacha no se consomen verdes. Existen multitude de variedades de diferentes cores e tamaños; as máis grandes chegan a pesar entre 18 a 36 kg. Inda que é difícil manter as variedades puras cando se cultivan xuntas, a verdadeira especie C. pepo non se híbrida nunca con C. maxima, a chamada "cabaza confeiteira" da que se elabora o cabelo de anxo. Esta variedade, máis doce e zumosa có resto, cando está madura posúe unha casca de cor amarela, rugosa, grosa e moi consistente, polo que se pode conservar moito tempo.
A cabaza é rica en minerais, sobre todo potasio, vitamina C e β-caroteno.
Cabaza de Taiwan |