Standard de Liège
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Image:StandardSP.png | |||||||||||||||||||||||||||||||
Clube fundado en | 1898 | ||||||||||||||||||||||||||||||
Alcume | Les Rouches (os vermellos) | ||||||||||||||||||||||||||||||
Cores | vermello e branco | ||||||||||||||||||||||||||||||
Estadio | Estadio Maurice Dufrasne (30.023 asentos) |
||||||||||||||||||||||||||||||
Sede | Rue de la Centrale 2 4200 Liège |
||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
O Standard de Liège, que ten por nome oficial Royal Standard de Liège, é o principal clube de fútbol da cidade belga de Liège. É o terceiro clube da liga belga por número de vitorias na liga e na Copa.
Índice |
[editar] O clube
Os partidos deste histórico clube belga desenvólvense no estadio Maurice Dufrasne en Sclessin, unha viliña nos arrabaldos de Liège nas ribeiras do Meuse, preto dunhas importantes industrias metalúrxicas. Ao estadio adóitanlle chamar "o inferno de Sclessin" posto que os seareiros teñen sona de bravos e fervorosos.
O Standard é un dos clubes máis populares de Bélxica e o terceiro de todos eles polo seu palmarés. Foi finalista da Recopa en 1982. Chamánlles os "rouches", que vén sendo 'vermello' en valón, a variante do francés falada en Bélxica. Os principais grupos de seareiros son os 'Hell-Side 81', os 'Ultras Inferno 96', os 'Kop Rouche' e os 'PHK'.
[editar] Historia
O Standard fundárono uns estudantes do colexio Saint-Servais de Liège en 1900, aínda que a data oficial de creación é de 1898, debido a un erro administrativo. O nome colléronllo ao Standard de Paris, un clube parisiense moi popular naquel tempo.
O seu maior éxito en competicións europeas foi o subcampionato da Recopa de Europa de 1982, cando perderon na final contra o FC Barcelona, xogada precisamente na cidade condal, por 2-1. Algúns días antes desta final, os do Standard tiñan qenfrontarse ao Thor Waterschei no último partido da temapda da liga belga. Para amarrar a vitoria, asegurar o campionato de Liga e mirar de non ter lesionados de última hora que lles fallasen na final europea, falaron cos do equipo contrario para que levantasen o pé e non xogasen moi intensamente. Este escándalo, descuberto dous anos máis tarde (1984) implicou diversos xogadores do equipo e mais o adestrador Raymond Goethals, que houbo de emigrar a Portugal para que non o suspendesen.
Dende aquela, o Standard non volveu gañar un título de liga no seu país, pero segue mantendo un altísimo nivel de popularidade. De feito, e malia ser un clube valón, ten moitos seareiros en Flandres, o que non é en absoluto frecuente.
En 1996, o clube absorbeu o pequeno RFC Seraing.
Na tempada 2005-2006, o Standard quedou segundo no campionato belga e clasificouse por vez primeira na súa historia para desputar a Liga de Campións, onde quedou fóra na primeira eliminatoria fronte ao Steaua de Bucarest. Entrou no bombo da Copa da UEFA e tocoulle en sorte enfrontarse ao Celta de Vigo. Onde tamén quedaría eliminado tras perder na ida en Bélxica, por 0-1, e por 3-0 en Balaídos.
Na actualidade o se presidente é Reto Stiffler e o seu adestrador Michel Preud'homme e xoga na primeira división belga.
[editar] Palmarés
- Ligas (8) : 1958, 1961, 1963, 1969, 1970, 1971, 1982 et 1983
- Copas de Bélxica (5) :
- Supercopa de Bélxica (2) : 1981 e 1983
- Recopa de Europa : Finalista en 1982.