Subsidio agrícola
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
É a axuda que se dá ás producións agrícolas. As axudas poden ser de distintos tipos, pero poderiamos resumilas en dous grupos fundamentais: - Axudas directas (por quilos, superficies, cabezas de gando, etc) - Axudas indirectas (rebaixa de impostos sobre produtos ou gastos necesarios para a actividade agraria).
Dentro da Unión Europea, a agricultura está subvencionada o subsidiada, tendo un gran peso nas rendas dos agricultores en certos produtos. A Unión Europea a través da PAC (Política Agraria Común) e das OCM (Organizacións Comúns de Mercados), regula e subvenciona de distintos modos as producións agrícolas. Isto faino principalmente a través de 3 mecanismos: - Intervención (compra de producións ós agricultores cando os prezos no mercado UE baixan de certo prezo marcado previamente). - Axudas directas a superficies (por hectárea) ou cabezas de gando. - Axudas para o intercambio con terceiros países (restitucións á exportación)