Tahuata
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tahuata é a máis pequena das illas habitadas das Illas Marquesas, na Polinesia Francesa. Situadas a 4 km ó sur do oeste de Hiva Oa. A superficie da illa é de 61 km² e nela vivían segundo o censo de 2002 682 persoas. A principal vila é Vaitahu, localizada no oeste da illa, outras vilas son Hapatoni, Motopu e Hanatetena. O punto máis elevado é Pahio con 1.000 m de altura. A fala da illa é o dialecto Nuku da lingua marquesana. A economía da illa depende da agricultura, a pesca e a artesanía.
A illa xa estaba habitada por polinesios no século III. O primeiro europeo en chegar ata alí vai ser Álvaro de Mendaña, seguiuno James Cook en 1774.