Talibán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A palabra talibán é a forma plural en pashtú do árabe طالب (ṭālib), "o que busca" (en árabe é tulaba). A frase "طالبِ علم" ou "Thaalib-e-Ilm", literalmente "o que procura o coñecemento", é a expresión én árabe, urdu, etc. para "estudante".
En particular, os talibáns son os estudantes dos seminarios relixiosos, ou madrasas, de Pakistán e Afganistán, e a palabra pasou ás linguas occidentais a raiz da aparición do movemento talibán a finais do século XX.