Tarxeta de banda magnética
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha tarxeta de banda magnética é un tipo de tarxeta capaz de almacenar datos modificando o magnetismo da súa banda. A banda magnética é lida físicamente a través do contacto que se produce mentras se desliza pola cabeza lectora. O seu uso está moi extendido, pero na actualidade hai sistemas máis seguros e difíciles de falsificar, como as tarxetas intelixentes.
Os standares da International Standards Organisation, ISO 7810, ISO 7811, ISO 7812, ISO 7813, e ISO 4909, definen as propiedades físicas da tarxeta, incluindo o tamaño, a flexibilidade, a localización da banda, e as características magnéticas.
[editar] A banda magnética
Na maioría das tarxetas, a banda magnética está cuberta por unha película plástica. A banda magnética está situada a 5.66 mm do borde da tarxeta, e o seu ancho é de 9.52 mm. A banda magnética contén tres pistas, cada unha de 2.79 mm de ancho. As pistas un e tres, normalmente teñen unha densidade de 8.27 bits por mm, mentras que a pista dous acostuma a ter 2.95 bits por mm. Cada pista pode conter caracteres alfanuméricos de 7 bits, ou numéricos de 5 bits.
Existen dous tipos de bandas magnéticas: alta-coercitividade e baixa-coercitividade. As de alta coercitividade son máis difíciles de borrar, e polo tanto son axeitadas para tarxetas que son usadas frecuentemente ou que necesitan unha vida longa. As de baixa coercitividade requiren unha menor cantidade de enerxía para rexistrar a información, e polo tanto os dispostivos que escriben nestas tarxetas son máis baratos que os que son capaces de grabar información nunha tarxeta de alta coercitividade. Un lector de tarxetas poderá ler calquera das dúas variantes, pero os grabadores son exclusivos; non se poden grabar tarxetas de alta coercitividade con dispostivos de alta coercitividade, e viceversa.