Tecnecio (elemento)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O tecnecio é un elemento químico de número atómico 43 situado no grupo 7 da táboa periódica dos elementos. Simbolízase como Tc.
Trátase dun metal de transición, gris plateado, radioactivo, que só se atopou en moi pequenas cantidades na natureza (nun principio pensouse que non existía na natureza) e que se obtén de forma sintética. A súa principal aplicación é en medicina, para técnicas de diagnóstico.