Terry Pratchett
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Terry Pratchett (Buckinghamshire, 28 de abril de 1948) é un escritor inglés coñecido sobre todo pola súa saga sobre o Mundodisco (Discworld), novelas rebordantes de peripecias absolutamente surrealistas e cómicas que se desenvolve nun mundo onde aínda existe a ¿maxia??.
Terry Pratchett publicou a súa primeira novela con 13 anos; sen embargo, foi alternando durante boa parte da súa vida a súa faceta de escritor con outros traballos, como crítico editorial ou encargado de prensa para un grupo de centrais nucleares. En 1983, trala publicación do seu libro The colour of magic (A cor da maxia) a súa carreira como escritor quedaba definitivamente consagrada, e vendo que isto lle resultaba notablemente máis divertido que calquer outro tipo de traballo, continuou escribindo máis entregas da saga do Mundodisco.
Actualmente, Terry Pratchett vive en Wiltshire, Inglaterra, ca súa muller, Lyn e a súa filla Rhianna. Disque agora dedica boa parte do seu ocio ó cultivo de plantas carnívoras (que segundo parece, son menos interesantes do que a xente xeralmente imaxina) e, segundo el di, non hai suficientes orangutáns na Terra...