Theo van Doesburg
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Theo van Doesburg (* 30 de agosto de 1883 en Utrecht, Holanda - † 7 de marzo de 1931 en Davos, Suíza), de nome real Christian Emil Marie Küpper, foi un pintor, arquitecto e teórico da arte holandés.
Índice |
[editar] Biografía
Fillo dun fotógrafo, iniciou a súa carreira como pintor colaborando con os arquitectos Oud e Wils. A súa primeira exposición de cadros foi na Haia en 1908. Busca repreesntar a tridimensionalidade pictórica. No 1916 funda con Leyda e Oud o grupo Sphinx, practicando arte concreta. Un ano despois, en 1917, fundou xunto con Piet Mondrian, e outros, o movemento artístico denominado De Stijl.
En 1931, xunto a Antoine Pevsner, Naum Gabo, Auguste Herbin e Georges Vantongerloo, crearon o movemento Abstracción-Creación, en París.
No 1955 foi homenaxeado postumamente na Documenta 1 de Kassel.
[editar] Arquitecto e activista
Van Doesburg exerceu outras actividades ademais da pintura e promover De Stijl: probou as súas forzas en arquitectura, proxectando casas para artistas; en colaboración conGeorges Vantongerloo, ambos dous deseñaron a decoración do Café Aubette en Estrasburgo, Franza. Xunto con El Lissitzky e Kurt Schwitters, van Doesburg buscou reunir unha Internacional das Artes en dous congresos celebrados en Düsseldorf e Weimar no 1922. . Un alfabeto xeometrizado, creado por van Doesburg en 1919, ten sido revitalizado en formato dixital como Architype Van Doesburg.
[editar] Obra
A obra de van Doesburg pode ser ollada en:
- Centraal Museum en Utrecht
- Guggenheim Museum e Museum of Modern Art, ambos en New York
- Gemeentemuseum Den Haag na Haia