Utrecht
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Utrecht é unha cidade dos Países Baixos, capital da provincia de Utrecht. É a cuarta cidade do país con os seus 280. 000 habitantes (2006). Sita no centro de Holanda, é unha cidade dinámica e universitaria, famosa pola súa catedral ("Dom")
Hai dúas relativamente importantes localidades homónimas, Utrecht en África do Sur e outra en Surinam, ambas como froito da herdanza debida á presenza holandesa en ambos países.
En 1713 asinouse aquí o Tratado de Utrecht, que selou os acordos que finalizaban a Guerra de Succesión Española.
En 1843 inaugurouse a liña de tren que a unía con Amsterdam, converténdose Utrecht a partir de entón no centro da rede ferroviaria holandesa (están aquí as oficinas centrais da compañía nacional de ferrocarril ou Nederlandse Spoorwegen).