Thomas Andrews
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Thomas Andrews ( Belfast 1813 - 1885), químico e físico irlandés. Estudou química en Glasgow co profesor Thomas Thomson, completou os seus estudos en Dublín e Edimburgo, graduándose en 1835, traballou na súa cidade natal como médico e profesor de química.
Estableceu os principios de temperatura e presión crítica.
As súas obras científicas publicáronse en 1889.