Tianjin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cidade da República Popular China, no noreste do país perto da capital Beijing, a beira do río Hai He a 40km da súa desembocadura no golfo de Bo Hai no Mar Amarelo. Constitúe unha das catro municipalidades con rango de provincia nas que a administración depende directamente do goberno central (Tianjin Shi 9.848.731h. 2000 censo; 11.632km2).
Os seus comezos van unidos a apertura do Gran Canal coa dinastía Sui (605-618), e así chamóuse Zhiju (porto direito) ata o século XV. No 1404, tra lo traslado da capital de China a Beijing, o emperador Yongle da dinastía Ming, decide a construcción dun forte (Tianjin Wei) no lugar por donde vadeaba o río. De ahí o nome Tianjin (vado celestial). Despóis, levanta unha muralla en torno a cidade vella (1425).
Tra la derrota chinesa nas Guerras do Opio (metade do XIX), as potencias mundiais exixen a apertura de portos ao comercio extranxeiro. Tianjin é un dos elixidos. A cidade expándese fora das murallas as dúas beiras do río Hai He augas abaixo, nunha serie de concesións (xaponesa, francesa, británica e alemana polo oeste; e austrohúngara, italiana e rusa polo leste) que marcarán as peculariedades arquitectónicas destes barrios e o cosmopolitismo da cidade.
No presente, Tianjin funciona de facto coma o porto (en Tanggu), área industrial (a segunda do país tras Shanghai) e nudo de comunicacións da capital Beijing.