Transitividade
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Verbo transitivo.
A transitividade é unha característica propia dalgúns verbos que lles confire a propiedade de poderen seleccionar un complemento directo, permitindo precisar o alcance do verbo.
Exemplos:
- Matar. Sempre cómpre especificar a que ou a quen se mata para completar a frase.
- Ter. Sempre se ten algo o a alguén, o verbo en si mesmo non precisa a acción.
Os verbos transitivos poden aparecer sen complemento directo, cando este está claramente determinado polo contexto ou nos casos de uso absoluto, é dicir, cando a acción expresada polo verbo é importante en si mesma.
Alguns verbos transitivos admiten voz pasiva.
[editar] Verbo intransitivo.
Aqueles verbos que non poden seleccionar argumento nengún son chamados intransitivos.
[editar] Verbo ditransitivo.
Un verbo ditransitivo sería aquel que selecciona dous argumentos. Un exemplo sería o daqueles verbos que levan Complemento Directo e Complemento Indirecto, ou dos que levan un Complemento Directo e máis un Predicativo do Complemento Directo.