Uda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Uda (867—931) foi o 59º emperador do Xapón, segundo a lista tradicional de sucesión. O seu nome de nacemento foi Sadami e reinou entre o 7 de novembro do 887 e o 3 de xullo do 897. Pertence ó período Período Heian.
[editar] Biografía
Foi o 7º fillo do emperador Koko, o seu pai para reducir os gastos da Corte retiroulles os seus fillos o título de altezas imperiais, Sadami foi adoptado polo clan Minamoto e adoptou o nome de Minamoto no Sadami. O seu pai elixiuno como herdeiro e foi promovido de novo ó título de príncipe imperial polo apoio do rexente Fujiwara no Mototsune. No ano 897 abdicou en favor do seu fillo Daigo e retirouse ó templo Ninna-ji, fundado por el.