Vibráfono
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O vibráfono é un instrumento de percusión, idiófono, formado por lamelas metálicas que se dispoñen de forma cromática. É un instrumento moi antigo, descendente dos metalófonos de Xava e Bali. As lamelas están suspendidas e debaixo teñen uns tubos resonadores. Na actualidade conta con novos avances, como a colocación dun pedal que fai que se suspendan totalmente todas as lamelas ou se apaguen contra unhas almoadiñas. Tamén conta con un pequeno motor que move unhas aspas dentro dos tubos e o toca; o son resona e fai un bonito vibrato .