Viktor Amazaspovich Ambartsumian
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Viktor Amazaspovich Ambartsumian (Վիկտոր Համբարձումյան en armenio, Виктор Амазаспович Амбарцумян en ruso) (Tiflis 1908 – 1996) foi un astrónomo armenio.
Nacido en Xeorxia, despois da súa graduación en Leningrado estudou con Aristarkh Apollonovich Belopolsky no Observatorio de Pulkovo entre 1928 e 1931.
Presidente da Academia Armenia de Ciencias (1947-1993), fundador e director do Observatorio Biurakan, en Armenia (1946-1987). Foi un dos pioneiros da astrofísica teórica. Traballou na cosmogonía de estrelas e galaxías, dinámicas estelares e nebulas gasosas. En 1947 descubriu a asociación estelar.
Presidente da Unión Astronómica Internacional (1961-1964) e do Consello Internacional de Unión Científicas (1970-1974)
O asteroide 1905 Ambartsumian leva o seu nome.