Virus (bioloxía)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un virus (da palabra latina virus, toxina ou veleno) é unha entidade biolóxica capaz de autorreplicarse utilizando a maquinaria celular, é un axente potencialmente patóxeno composto por unha cápside (ou cápsida) de proteínas que envolven ó ácido nucléico, que pode ser ADN ou ARN. Esta estrutura pode a súa vez estar rodeada pola envoltura vírica, unha capa lipídica con diferentes proteínas, dependendo do virus. O ciclo vital dun virus sempre necesita da maquinaria metabólica dunha célula para poder replicar o seu material xenético, producindo moitas copias do virus orixinal. En dito proceso reside a capacidade destrutora dos virus, xa que poden prexudicar á célula ata destruíla. Poden infectar células eucarióticas ou procarióticas (neste caso chámaselles bacteriófagos, ou simplemente fagos). Algúns indicios parecen demostrar que existen virus que infectan a outros virus (chamados viroides).