Vorarlberg
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Vorarlberg é o máis ocidental dos estados (Länder) austríacos; a súa capital, Bregenz, é unha das cinco cidades do Estado (as outras son Dornbirn, Hohenems, Feldkirch e Bludenz).
Vorarlberg é o oitavo Estado tanto en área (2.601 km²) como en poboación (372.791 habitantes no 2001). O estado fai fronteira co Tirol ao leste, cos estados alemáns de Baden-Württemberg e Baviera ao noroeste e norte; polo sur cos cantóns suizos de Grisóns e San Galo, separadas polo principado de Liechtenstein.
Estados de Austria | |
---|---|
Alta Austria | Baixa Austria | Viena | Burgenland | Carintia | Estiria | Salzburgo | Tirol | Vorarlberg |