Wilhelm Conrad Röntgen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Template:Infobox Scientist
[editar] Vida e formación académica
Wilhelm Conrad Röntgen naceu o 27 de Marzo do ano 1845 en Alemaña. Pero apenas viviu neste pais, pois a súa familia mudouse a Apeldoorn cando él tiña tres anos. Deste xeito, asistiu o instituto holandés de Martinus Herman van Doorn. No ano 1862 chegou a Escola Técnica de Utrecht pero foi expulsado (dise que inxustamente) por facerlle unha caricatura a un mestre. Así, no ano 1865 estudou física na Universidade de Utrecht e posteriormente enxeñeiro mecánico na famosa Politécnica de Zurich. Unha vez rematados os seus estudos exerceu de profesor de física en moitas universidades coma a Universidade de Jena, a Universidade de Würzburg, a Universidade de Leipzig e incluso o Physikalisch-Technische Reichsanstalt de Berlín. Finalmente aceptou a praza de profesor de Universidade de Munich onde ficou o resto da súa vida.

[editar] Traballo
O primeiro traballo publicado por Röntgen foi no ano 1870 e tratou sobre os calores específicos dos gases, tema en fervente debate neses anos. Anos despois publicou artigos que trataron sobre a conductividade térmica dos cristais, a influenza da presión sobre os índices de refracción dos fluídos, fenómenos de expansión das gotas de aceite en auga, as variacións da temperatura e a compresibilidade da auga, os planos de polarización da luz baixo ondas electromagnéticas... Un amplo curriculo descoñecido para a meirande parte da xente por mor da aparición do seu grande descobremento que fixo pequenos todolos outros traballos, os Raios X. Un descobremento co se atopou de xeito circunstancial o 8 de novembro de 1895. Observou que cando facía pasar unha corrente eléctrica por un tubo cun gas a moi baixa presión, aparecía brillo nunha pantalla, e éste desaparecía cando a corrente se cortaba. Röntgen asociou este fenómeno a unha radiación descoñeciza a que chamou por ese mesmo motivo os Raios X. Seis anos despois, no 1906 recibiría o Premio Nobel de física por este traballo. Os Raios X supuxeron un estoupido nas aplicacións para a diagnose médica, e co tempo se converteu nun dos principais avances da medicina no século XX. Unha das primeiras probas que fixo Röntgen cos Raios X foi obter unha imaxe da man da súa dona, pensada como un agasallo para o seu aniversario mais cando viu o resultado acabou por non facerllo.