Xeografía da Australia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
De lonxe, a maior parte da xeografía da Australia é composta por desertos ou zonas semi-áridas — 40% da masa terrestre está coberta por dunas de area. Só os cantos sueste e sudoeste teñen un clima temperado e un chan moderadamente fértil. A parte norte do país ten un clima tropical: parte é floresta tropical, parte son pastos e parte é deserto. A Grande Barreira de Coral, o maior recife de coral do mundo, sitúase a pouca distancia da costa nordeste e estendese por máis de 1200 quilómetros. O Uluru (coñecido como Ayers Rock ata 1986) é o maior monolito do mundo e sitúase na Australia central.
[editar] Dados xerais
Localización - oceanía, continente entre o océano Índico e o océano Pacífico sur
Coordenadas xeográficas - 27º 00' S, 133º 00' E
Referencias cartográficas - oceanía
Área:
- total - 7 686 850 km²
- terra - 7 617 930 km²
- auga - 68 920 km²
- nota - inclui a illa de Lord Howe e a illa Maccarie
Fronteiras terrestres - 0 km
Costa - 25 760 km
Reivindicacións marítimas
- zona contígua - 24 millas náuticas
- plataforma continental - 200 millas náuticas ou ata á borda do talude continental
- zona económica exclusiva - 200 millas náuticas
- mar territorial - 12 millas náuticas
Clima - A maior parte da Australia, e de lonxe, é desértica ou semi-árida — 40% do territorio está coberto por dunas de area. Só os cantos sueste e sudoeste teñen un clima temperado e un solo moderadamente fértil. A parte setentrional do país ten un clima tropical: parte é floresta húmida tropical, parte é pradaría e parte é deserto.
Terreo - A maior parte do territorio é un planalto baixo e desértico; unha planicie fértil no sueste. A Grande Barreira de Coral, de lonxe o maior recife de coral do mundo, fica a pequena distancia da costa nordeste: Uluru, na Australia central, é o maior monolito do mundo.
Extremos de elevación
- ponto máis baixo: Lago Eyre - -15 m
- ponto máis elevado: Monte Kosciuszko - 2 229 m
Recursos naturais - bauxite, carvón, minerio de ferro, cobre, estaño, ouro, prata, uranio, níquel, tungstenio, areas minerais, chumbo, cinco, diamantes, gas natural e petróleo.
Uso da terra
- terra arábel - 6%
- cultivo permanente - 0%
- pastos permanentes - 54%
- florestas - 19%
- outros - 21% (estimativas de 1993)
Terra irrigada - 21 070 km² (est. 1993)
Perigos naturais - ciclones ao longo da costa; secas severas e inundacións ocasionais; incendios florestais frecuentes
Ambiente - problemas actuais - erosión de solos proveniente da sobrepastaxe, desenvolvimento industrial, urbanización e prácticas agrícolas incorrectas; aumento da salinidade dos solos debido ao uso de auga de má calidade; desertificación; limpeza de matas para uso agrícola ameaza o habitat natural de moitas especies únicas de animais e plantas; A Grande Barreira de Coral, o maior recife natural do mundo, está ameazado polo aumento de tráfego marítimo e pola súa popularidade encanto destino turístico; recursos naturais de auga doce limitados.
Ambiente - acordos internacionais
- é parte de - Antártico - Protocolo Ambiental, Tratado da Antártida, Biodiversidade, Mudanzas Climáticas, Especies Ameazadas, Modificación Ambiental, Resíduos Perigosos, Lei do Mar, Despexos Mariños, Conservación da Vida Mariña, Banimento de Testes Nucleares de 1963, Non-Proliferazón Nuclear, Protección da Capa de Ozono, Polución Provocada por Navios, Madeiras Tropicais, 1994, Zonas Húmidas, Caza da Balea
- asinou mais non ratificou - Mudanzas Climáticas - Protocolo de Kyoto, Desertificación
[editar] Ver tamén
- Áreas protexidas na Australia
- lista de rexións da Australia
- lista de montañas na Australia
- Lista de ríos da Australia
- Lagos da Australia
- Hutt River Province