Coral (animal)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coral | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||
|
||||||||||
Subclases e ordes | ||||||||||
Subclase Alcyonaria (=Octocorallia)
Subclase Zoantharia (=Hexacorallia)
|
Corais ou antozoarios son animais cnidarios e unha das marabillas do mundo submarino. Os corais constitúen colonias coloridas que crecen nos mares e poden formar recifes de grandes dimensións que albergan un ecosistema cunha biodiversidade e produtividade extraordinarias.
O maior recife de coral vivo atópase na Gran Barreira de Coral, na costa da Queensland, Australia. A maioría dos corais desenvólvense en augas tropicais e subtropicais, mais poden atoparse pequenas colonias de coral ata en augas frías, como ao longo da Noruega.
De feito, os corais son rochas vivas moi procuradas no comercio acuarista - por iso, atópanse ameazados. O coral é o exoesqueleto de colonias de cnidarios.
[editar] Bioloxía dos corais
Os corais son os membros da clase Anthozoa que constrúen un "esqueleto" que pode ser de materia orgánica ou de carbonato de calcio. Os restantes membros desta clase que non forman exosqueleto son as anémonas.
Case todos os antozoarios forman colonias, que poden chegar a tamaños considerables – os recifes - mais existen moitas especies en que os pólipos viven solitarios.
Os pólipos teñen a forma dun saco (o celéntero) e unha coroa de tentáculos con cnidocitos (células urticantes) na abertura, que se chama arquéntero. Os antozoarios non teñen verdadeiros sistema]s de órgaos: nen sistema dixestivo nen sistema circulatorio, nen sistema excretor, unha vez que todas as trocas de gases e fluidos se dan no celéntero, unha vez que a auga entra e sae do corpo do animal a través de correntes provocadas polos tentáculos.
Non obstante, esta clase de celenterados ten algunhas particularidades na súa anatomía:
- Unha farinxe, denominada neste grupo actinofarinxe que liga a “boca” ao celéntero e que, moitas veces, conteñen divertículos chamados sifonoglifos, con células flaxeladas, en posicións diametralmente opostas, dando á anatomía do pólipo unha simetría bilateral.
- Os mesenterios - un conxunto de filamentos radiais que unen a farinxe á parede do pólipo.
O grupo inclúe os importantes construtores de recifes, coñecidos como corais hermatípicos, atopados nos océanos tropicais. Os últimos atopados, son coñecidos como corais de pedra, visto que o tecido vivo cobre o esqueleto composto de carbonato de calcio. Os corais hermatípicos obteñen moitos dos nutrientes que necesitan de actividade simbiótica coa alga zooxantela.