Xoán Manuel Pintos Villar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xoán Manuel Pintos Villar foi un escritor galego nado en Pontevedra o 16 de decembro de 1811 e falecido en Vigo o 29 de xuño de 1876.
Está considerado un dos precursores do Rexurdimento literario galego. A súa obra, como acontecía por norma xeral na época, está espallada en xornais, revistas e folletos, mais é A gaita gallega (1853), a única obra súa publicada en vida, a composición que o sitúa nun lugar importante dentro da literatura galega por ser a primeira escrita en galego moderno.
Os seus pais eran Basilio Pintos García e Ramona Villar Rodríguez, ambos naturais de Pontevedra. Estudou primeiro Humanidades na Coruña e máis tarde Dereito (dende 1829 a 1835) en Santiago de Compostela. Dende 1837 a 1840 traballou de avogado na Coruña, posteriormente, en 1840, foi nomeado xuíz de primeira instancia en Cambados polo goberno progresista. O ano seguinte casou con Serafina Amando Boullosa coa que tivo catorce fillos. Logo de que en 1944 fose cesado coma xuiz polo goberno conservador e ata 1862 exerceu de avogado en Pontevedra. Finalmente, dende 1862, foi Rexistrador de Propiedade na cidade de Vigo. Colaborou cos xornais "El País" e "La perseverancia", ambos editados en Pontevedra.
[editar] Obras
Obras |
|