New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Xoana a Beltranexa - Wikipedia

Xoana a Beltranexa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xoana de Castela
Xoana de Castela

A infanta Xoana de Castela naceu en 1462 e morreu en Lisboa en 1530. Foi unha raíña sen reino, depreciativamente alcuñada polos seus detractores A Beltranexa, e que mereceu o recoñecemento en Portugal, onde ficou coñecida para a posteridade como A Excelente Señora.

Índice

[editar] Nacemento

A súa nai era a princesa Xoana de Portugal, filla do rei D. Duarte, casada co rei Henrique IV de Castela. Con todo, Henrique, sen fillos dos casamentos anteriores, tiña a fama de ser impotente, condición, de resto, expresa polo seu alcuño - Henrique, o Impotente. Por iso se urdiu na corte que Xoana estaba envolvida nun caso amoroso co nobre D. Beltrán de La Cueva, o cal, segundo a exéxese histórica puido apurar, estaría en misión fóra da Corte no momento aproximado da concepción da xove infanta.

Xoana considerouse ilexítima polos grandes de Castela, que se recusaron a recoñecela, e desde o berce ficou coñecida polo deshonroso título da Beltranexa, como referencia ao seu putativo pai. O seu nacemento provocou polo tanto un escándalo na corte de Castela e o pedido de divorcio de Henrique de Castela, tendo a raíña D. Xoana de Avis sido repudiada en 1468, e regresado a Portugal, aínda que a filla permanecese en Castela.

[editar] Herdeira de Castela

Á parte a cuestión da lexitimidade, Xoana continuaba a ser a única filla que podía ser (aínda que remotamente) atribuída a Henrique IV de Castela, o cal asumiu a súa causa. Por iso obrigou os nobres castellanos a xuraren fidelidade á princesa e a recoñecérena como herdeira, designándose Princesa das Asturias en 1462. Porén, pasados dous anos e face á presión da nobreza, delegou a sucesión no seu irmán Afonso, o cal viría a falecer en 1468. Deste modo o rei viuse forzado a escoller como sucesora, moito a contragosto, a súa media irmá Isabel, coa condición de que esta aceptase o casamento que o rei lle propuxese.

Como en 1469 Dona Isabel casou en segredo con Fernando, herdeiro da Coroa de Aragón, contra a vontade de Henrique, o rei castelán considera violado o acordo que estabelecera con Isabel. É entón que declara Xoana a súa única lexítima herdeira, procurando nos últimos anos de vida un marido para a súa filla.

Despois dalgúns contratos fallados, Xoana acabou prometida en casamento ao tío, o rei Afonso V de Portugal. Para tal era necesaria unha dispensa papal, dada a gran consanguinidade entre os dous. Don Afonso xurou defender os dereitos da esposa, e por conseguinte de si propio, ao trono de Castela. A partir deste momento están delineadas dúas faccións: unha que apoia Isabel e, por conseguinte, a unión dinástica de Castela con Aragón; outra, con pouquísimos apoios, que soporta Xoana e, como consecuencia, a unión de Castela con Portugal.

[editar] Conflito cos Reis Católicos

Madonna dos Reis Católicos, pintura de cerca de 1490–95; Fernando e o infante Xoán á dereita da Madre (co Inquisidor), Isabel á esquerda}}
Madonna dos Reis Católicos, pintura de cerca de 1490–95; Fernando e o infante Xoán á dereita da Madre (co Inquisidor), Isabel á esquerda}}

Cando Henrique IV morreu en 1474, practicamente ninguén en Castela leva a causa de Xoana en serio; soamente a Galiza tomou voz por Xoana (Pedro Madruga, por exemplo) e Afonso de Portugal. A maior parte dos nobres casteláns prefire aclamar a tía de Xoana, Dona Isabel. En 1475, dando secuencia ao proxecto de Henrique IV, Afonso V de Portugal casou coa súa sobriña Xoana e, no ano seguinte, invade Castela para defender os seus intereses.

O recontro de ambas as forzas travouse en Toro, nas proximidades de Zamora, non lonxe da fronteira. A batalla tivo un resultado militar inconclusivo, pois aínda que Afonso V saíu vencido, a ala do exército comandada polo herdeiro portugués Don Xoán ficou invicta. Non obstante, o desfecho político non foi favorábel ao monarca portugués e á súa sobriña-esposa.

Vencidos pola futura Isabel I de Castela e por Fernando II de Aragón na batalla de Toro, grazas ao Cardeal Mendoza, desde 1476 Xoana foise co rei portugués para Abrantes.

O rei embarcou no Porto para se entrevistar co seu aliado Luís XI de Franza (a araña universal, como se chamou, coñecido pola forma como habilmente criaba intrigas políticas), prometendo Afonso mediar a loita entre o monarca francés e Carlos, o Temerario, duque da Borgoña, primo do rei de Portugal, a troco do auxilio militar daquel contra o bloque Castela-Aragón. O rei francés foi prorrogando o auxilio ao seu conxénere portugués. Despois da morte do Temerario en Nancy e a incorporación da Borgoña no reino de Franza, ficou demostrado o fracaso da tentativa de mediación de Afonso V.

D. Afonso, sentíndose enganado, acaba por abdicar das súas ambicións, no seu nome e no da súa esposa (coa cal non chegara sequera a consumar o matrimonio), nun tratado asinado en 1479 cos Reis Católicos - o Tratado das Alcázovas-Toledo. Termina así a guerra de sucesión en Castela e son aínda definidos límites para a expansión de ambas as Nacións no Atlántico e no Magreb.

[editar] Renuncia

A guerra entre España e Portugal durou cinco anos, terminando na paz de 1479, cando se conseguiu unha alianza dupla. En Setembro, Xoana renunciou á coroa castelá polo Tratado das Alcázovas, prometeu que só podería casar co fillo dos reis católicos e, no caso de non aceptar, entraría monxa profesa. Ficou refén de D. Beatriz, viúva do infante Don Fernando, irmán de Afonso V. Recibiría aínda 100 mil dobras de Castela.

O Papa Sixto IV disolveu o casamento debido á consaguinidade, e os Reis Católicos procuraron consorciar Xoana co seu fillo e herdeiro, Xoán de Aragón. Xoana negouse a casar co primo - por considerar vexatorio, para a súa posición de herdeira natural, ter que casar co herdeiro de quen lle roubara o trono para o poder vir a recuperar no futuro - e retirouse para o convento. Abandonou as súas reclamacións, tomou o veo no mosteiro de Santa Clara en Santarém, e o dereito de Isabel ao trono tornouse inquestionábel. Do convento da Orde de Santa Clara en Santarém, Xoana pasou ao de Coimbra o 16 de Outubro de 1480.

[editar] Ameaza á coroa española

Xoana I de Castela, a Louca
Xoana I de Castela, a Louca

En 1482 vivía en Lisboa e seguia intitulándose Raíña. Cando a Paz de Truxillo, por presións dos Reis Católicos, voltou ao convento, onde en Marzo de 1483 recibiu un breve do Papa Sixto IV para permanecer constantemente no convento, de acordo coa Orde. Os reis de Portugal e Franza pretendían o seu casamento co herdeiro da Navarra, Francisco Febo, cuxa morte en 1483 frustrou.

En 1493, firmes os Reis Católicos no trono, Xoana pode vivir libre en Lisboa, sen xuras e excomuñóns do Papa.

Por morte de Isabel (Novembro de 1504) o viúvo D. Fernando propuxo casamento a Xoana - estaba determinado a impedir que a Casa dos Austria pasase a gobernar Castela. Xoana I de Castela, filla e herdeira de Don Fernando, estaba casada con Filipe, o Belo, Arquiduque de austria e Duque da Borgoña, herdeiro do Emperador Maximiliano I. O monarca propuñase restaurar os títulos e as honras inherentes á Beltranexa, para afastar a Filipe da condución do goberno de Castela, onde actuaba como rexente en nome da muller, que comezaba a demostrar sinais de loucura. A Excelente Señora, porén, rexeitou aceptar como esposo a aquel que, noutros tempos, a declarara filla adúltera de Xoana de Portugal e Don Beltrán de la Cueva.

Curiosamente ou non, a primeira filla do casamento de Isabel e Fernando despois do inicio do conflito sucesorio fora bautizada, precisamente, de Xoana. Foi esta Xoana que sucedeu aos Reis Católicos, baixo o nome de Xoana I de Castela, a Louca, non deixando o seu numeral espazo para dúbidas: en Castela, o reinado da Beltranexa xamais fóra recoñecido.

En 1523 o rei da Franza conspirou para retirala de Portugal, mais fracasou. O 20 de Xullo de 1530, por escritura pública, Xoana renunciou aos seus dereitos a Castela, cedidos a D. Xoán III de Portugal.

[editar] A Excelente Señora

D. Xoán II, O Príncipe Perfecto
D. Xoán II, O Príncipe Perfecto

Xoana viveu en Portugal até a súa morte en 1530, mais en canto viviu constituíu un obstáculo permanente para a coroa de Castela, e un argumento de peso, habilmente esgrimido por D. Xoán II na súa política con España. Aí radica o título que o Príncipe Perfecto lle concedeu: A Excelente Señora. De feito, foi a primeira vez que se usou o título de A súa Excelencia en Portugal - xa que o uso de infanta sería indecoroso para coa súa persoa, e o título de raíña non podía usarse, por pasíbel de considerarse insultuoso no cuadro das relacións bilaterais con Castela.

Tal epíteto, de resto, viría a xustificarse plenamente, dado a Beltranexa terse recusado verse envolvida en máis manobras políticas e tendo dedicado o resto da vida á devoción a Deus, á práctica de obras de caridade e de apoio aos desfavorecidos. De resto, estiveron presentes embaixadores casteláns na cerimonia dos seus votos solemnes, non só porque tal acto constituía unha desistencia de calquera eventual pretensión que Xoana aínda mantivese ao trono que, de iure, lle pertencía (imposibilitando tamén o aparecemento de calquera presumíbel herdeiro que fose o seu lexítimo descendente), mais igualmente para testemuñar as formas de tratamento usadas para coa súa persoa, asegurándose así que se cumpria o estabelecido nos acordos das Alcázovas-Toledo.

Con todo, a raíña, ingresada nun convento, asinou sempre, até á súa morte, en 1530, Yo la reina. Non se coñece o paradeiro dos seus restos mortais, polo que se torna imposíbel determinar, a través do ADN, se realmente era filla de Henrique IV de Castela ou de D. Beltrán de La Cueva...

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu