Isabel I de Castela
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Isabel, a Católica (1451 — 1504) foi raíña de Castela, casou con Fernando II de Aragón, e así naceu a unión das coroas de Castela e Aragón.
Era filla de Xoán II de Castela e de Isabel de Portugal. Pensou a nai en casala con Afonso V de Portugal e con D. Pedro Xirón. En 1469 celebrase o seu matrimónio con Fernando, rei da Sicília e herdeiro de Aragón. Por morte de seu irman é proclamada raiña, depois da derrota de D. Xoana de Beltranexa, na secuencia da cal D. Afonso V seu marido entra en Castela por Zamora e Toro. O tratado de Alcaboces pon fin á loita con Portugal. A morte de D. Xoán II une os reinos de Aragón e Castela (1497). No fin da Reconquista, coa tomada de Granada (1492) a raiña mostrou grande firmeza na gobernación. Axudada polos cardeais Mendoza e Cisneros, tenta converter ó catolicismo os musulmanos, e apoia Cristóbal Colón na sua expedición á América.