Ángel David López Ruano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ángel David López Ruano | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Ángel David López Ruano | ||
Alcume: | Ángel | ||
Data de nacemento: | 10 de marzo de 1981 | ||
Lugar de nacemento: | As Palmas, España | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | ![]() |
||
Clube actual: | Celta de Vigo | ||
Posición: | Lateral dereito | ||
Altura: | 1,80 metros | ||
Partidos internacionais: | 4 con (España) | ||
Goles: | 0 | ||
Ano do debut: | |||
Clube do debut: | Las Palmas B | ||
Ano do retiro: | |||
Clube do retiro: |
Ángel David López Ruano, tamén coñecido como Ángel (nado nas Palmas, Canarias, o 10 de marzo de 1981), é un futbolista español que xoga no RC Celta de Vigo.
[editar] Traxectoria
- 98-99 Las Palmas B (3ª)
- 99-00 Las Palmas B (3ª)
- 00-01 Las Palmas
- 01-02 Las Palmas
- 02-03 Las Palmas
- 02-03 Celta
- 03-04 Celta
- 04-05 Celta
- 05-06 Celta
- 06-07 Celta
[editar] Biografía
Logo de xogar nas categorías inferiores e nos equipos B e A do Las Palmas, Ángel chega ao Celta no mercado de inverno da tempada 2002-03, con Miguel Ángel Lotina no banquiño celeste. Esa tempada acabou disputando 15 partidos. O seu debú produciuse un 9 de febreiro de 2003, contra o Mallorca, nun encontro que o Celta gañou 0-2. Ángel xogara de titular como interior dereito.
Custoulle ter un sitio no equipo e convencer a afección. Foi con Fernando Vázquez en segunda división cando se fixo un imprescindible no once titular. O adestrador xa o coñecía do seu paso polo Las Palmas. Ángel ten contrato co Celta ata o ano 2012.
O adestrador da selección española Luis Aragonés cconvocouno por primeira vez o 10 de novembro de 2006. O seu debú como internacional polo seu país produciuse o 16 de novembro de 2006 no amigábel España-Romanía (0-1), onde xogou de titular durante 73 minutos. Repetiu o 7 de febreiro de 2007 ante Inglaterra, onde xogou 45 minutos. O seu debú en partido oficial foi o 24 de marzo de 2007, cando foi titular no España-Dinamarca (2-1), nun partido de clasificación para a Eurocopa de fútbol 2008, e onde recibiu un cartón amarelo.
[editar] Características
Aínda que comezou como mediocentro, reconverteuse a lateral dereito (con Fernando Vázquez), posición na que xoga desde hai varias tempadas. Tecnicamente bo, posúe unha boa condición física.
![]() |
Real Club Celta de Vigo - Tempada 2006-07 | |
---|---|---|
Esteban | Lucas | Lequi | Oubiña | Areias | Núñez | Ángel | Guayre | Bamogo | Gustavo López | Tamas | Placente | Pinto | J. Perera | Contreras | Paulo García | Baiano | Yago | Iónatan Aspas | Jorge | De Ridder | Nené | Canobbio | Iriney |