Ática
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ática é a periferia da Grecia, onde se atopa a súa capital, Atenas; é igualmente o nome da península limitada polo Golfo de Pétalion e o Golfo Sarónico, a sur.
Está localizada na rexión centro-oriental da parte continental do país e fai fronteira coas periferias da Grecia Central, a noroeste, e do Peloponeso en dúas secións, unha a oeste, no istmo de Corinto e outra no extremo oriental do Peloponeso, onde se atopa a illa de Poros e a cidade de Méthana. A illa de Kythira, ao largo da extremidade sur da península do Peloponeso e é considerada parte das illas Xónicas, é tamén administrada dentro desta periferia. A pesar desta división territorial, a periferia de Ática comprende unha única prefectura, co mesmo nome.
Esta periferia ten unha área de 3 800 km2 e unha poboación de 3 700 000 habitantes, dos cais máis de 95% viven en Atenas. A esta periferia pertencen tamén as illas de Salamis, Aegina, Poros, Hydra, Spetses, e Antikythera, no Golfo Sarónico (non confundir co Golfo de Salónica, no noroeste do país).